02/07/2019
Dende que rematou o curso son incapaz de erguerme cedo, de non atrasar a alarma do móbil –de cinco minutos a dúas horas–. Hoxe non foi a excepción, pero non me importou moito. Durmín ben, sentinme descansada ó espertar, así que teño que estar agradecida.
Despois de alomorzar, seguín ordenando a habitación, e rematei "O show de Truman". Penso que vin a película cando era máis pequena, pero non recordaba apenas nada. Estivo moi ben.
Cando me cansei de organizar roupa, libros, etc. fun con mamá a mercar no novos Gadis; ou foi despois de comer?
Na hora do xantar estiven con mamá e unhes amigues seus na miña bocatería favorita de todo o multiverso e comín un bocata vexetal ó que lle puxeron queixo, para non variar.
Unhas horas despois a habitación xa estaba rematada. Non quedou rastro de que algunha vez vivín naquel horrible piso. Esta tarde non fixen moito máis que cantar cancións de Amaia Romero e o "Fuck You" de Cee Lo Green.
Agora si que podo asegurar que volvín saír con mamá a mercar cousas para a cea. Tomamos unha ensalada riquísima mentres víamos Pasapalabra. De verdade, estaba riquísima! A parte de min que conta as calorías pensou que era moita grasa (maionesa e aguacate xuntos nun mesmo prato), pero hoxe comín ben e o que meu corpo sentíu que necesitaba, así que [farts].
Despois de ducharme e coidarme un pouquiño (púxenme unha mascarilla de arxila e unha crema hidratante nova), metinme en cama para escribir un rato, índa que teño na mesilla a Nintendo DS Lite por se me necesita. Hai un rato estiven falando con Inés, unha amiga que coñezo dende 4º da ESO e coa que rompín os lazos nun ano que non recordo agora mesmo. Hai pouco retomamos o contacto. Falamos sobre cousas que nos van ben e nos van mal. Foi moi agradable.
Comentarios
Publicar un comentario