02/07/2019
Dende que rematou o curso son incapaz de erguerme cedo, de non atrasar a alarma do móbil –de cinco minutos a dúas horas–. Hoxe non foi a excepción, pero non me importou moito. Durmín ben, sentinme descansada ó espertar, así que teño que estar agradecida. Despois de alomorzar, seguín ordenando a habitación, e rematei "O show de Truman". Penso que vin a película cando era máis pequena, pero non recordaba apenas nada. Estivo moi ben. Cando me cansei de organizar roupa, libros, etc. fun con mamá a mercar no novos Gadis; ou foi despois de comer? Na hora do xantar estiven con mamá e unhes amigues seus na miña bocatería favorita de todo o multiverso e comín un bocata vexetal ó que lle puxeron queixo, para non variar. Unhas horas despois a habitación xa estaba rematada. Non quedou rastro de que algunha vez vivín naquel horrible piso. Esta tarde non fixen moito máis que cantar cancións de Amaia Romero e o "Fuck You" de Cee Lo Green. Agora si que podo asegu...